Praza da Leña, Pontevedra |
Escoitei a túa voz
cálida
acolledora
chea de mágoa
chea de amor
recendo Atlántico
agarimo e dor
nai da terra
saudade do lar
fume de lareira
forza
as mans na terra
as redes no mar
Dedicado a Eva Veiga, lembranza de unha tarde chea de emocións e poesía.
Santa Coloma de Gramanet, Barcelona, 2 de outubro, 2021